Entrevista a Antonio Pena (profesor en el grado de Telecomunicaciones)

 ¡Hola! ¡Buenas a todos y todas! ¿Que tal va la semana?  El desarrollo de los videojuegos sigue su curso y nosotros esperamos su lanzamiento con mucha ilusión. Hoy entrevistamos a uno de los profesores que tutorizan el proyecto, entrevistamos a Antonio Pena – profesor en el grado de Telecomunicaciones.

¿Como nace la idea de Comtecart? ¿Cuántos años se lleva desarrollando este proyecto?
- Coñecin a Bea nun obradoiro de xogos que organizou ela en 2016. En 2017, en canto souben que me ia encargar da docencia dunha materia en Teleco que trataba o tema, que ademais coincidía no tempo coa que impartía ela, falamos, e rápidamente decidimos probar a experiencia de xuntar estudantes de ámbitos tan diversos traballando nun grupo multidisciplinar. Comezamos esta experiencia no curso 2017/18, polo que este curso 2021/22 é xa a nosa quinta edición.. Antes do inicio, durante 2017, xuntamos a un feixe de profesores e creamos ComTecArt, que é un grupo de innovación docente, onde estamos profesores de "Comunicación" (Comunicación audiovisual e Publicidade), "Tecnoloxía" (Enxeñaría de Telecomunicación) e "Arte" (Belas Artes).
 
¿Qué es lo que más te gusta de él?
- Quizá constatar, ano tras ano, cómo estudantes de ámbitos tan aparentemente alonxados, mesmo alonxados xeográficamente, son quen de traballar en equipo e desenvolver un embrión viable dun producto final. E para min, desde o punto egoísta, disfrutar e aprender. Mira se nos gusta, que este ano comezamos un proxecto STEMbach en 1º de Bacharelato, xuntando a dous estudantes de Ciencias con dous de Artes para desenvolver tamén un videoxogo.
 
¿En que fase se encuentran los videojuegos este año?
- Agora mesmo estarían no que se chama a fase de Producción. Hai que ter en conta que o 15 de Setembro comezan cunha folla en branco e compañeiros aleatorios, crean entre todos o seu concepto de xogo e a semana do 20 de Decembro temos un directo en Twitch xogando cos seus prototipos. É un traballo express, tres meses escasos nunha materia optativa, impresionante.
 
¿Qué expectativas tienes para sus lanzamientos? 
- Aínda que sigamos todo o proceso e saibamos cómo son os xogos, sempre temos unha curiosidade brutal cando o xogan terceiras persoas. O ano pasado tivemos que facer forzosamente a presentación virtual, pero este ano a imos manter porque Twitch é un habitat natural para estas cousas. Esperamos ter sorpresas moi agradables nesa sesión.
 
¿Deberían existir más proyectos como este en la universidad involucrando a alumnos de diferentes carreras?
- Estamos convencidos de que si. As optativas que adoita haber en 4º curso son un bo marco para estas experiencias, coa madurez que implica estar a piques de rematar a carreira. É un adestramento humano e técnico moi relevante para os estudantes, un exercicio vital de empatía para sairen ao mundo laboral..
 
 
 Un saludo cordial, 
 Comunicación COMTECART 2021.
 

Comentarios